Cargando resultados...
Trasladan en helicóptero unha persoa á que rescataron do mar en Vilagarcía
Un particular avisou que había unha persoa aboiando na praia de Compostela e que trataban de reanimala na area
Arquivo
G24.gal
10/09/2026 20:16
Unha persoa tivo que ser trasladada en helicóptero despois de ser rescatada do mar na praia de Compostela, en Vilagarcía de Arousa.
Segundo a información do 112 Galicia, foi un particular o que deu a voz de alarma. Así, explicou que unha persoa estaba a flotar no mar e que trataban de reanimala sobre a area.
A central de emerxencias mobilizou o 061, que solicitaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Ata o lugar tamén se desprazaron a Policía Nacional, Local e ao Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía.