Publicador de contidos

Publicador de contidos

Verino: moda galega nun despacho de avogados de Madrid

Verino: moda galega nun despacho de avogados de Madrid

O deseñador presentou 'Desde dentro', a colección outono-inverno 2026, na Semana da Moda de Madrid

G24.gal 10/09/2026 20:17 Última actualización 10/09/2026 20:24

Fiel ao seu estilo, pero sempre en continua renovación na busca de novas formas e modelos, para Roberto Verino, a roupa de calidade e factura impecables só persegue sentirse ben un mesmo.

"Estamos a vestir a alma das persoas. Para que se sintan guapas, ben e a súa autoestima creza".

Clientes leais que levan décadas vestindo o que el propón cada temporada.

"Hai que ter coherencia, ser de verdade, ser auténticos, buscar un propósito que demostre que pensamos no que importa que son as persoas".

A súa firma, di, conseguiu reducir custos a base de non malgastar e aconséllales o mesmo aos consumidores: investir en calidade ata lograr o que chama un 'armario emocional' con pezas que dan benestar, esquecendo a pura tendencia.

"​​​​​Desfrutar con aquilo que te fai ou que che permite ser diferente, especial, e estar en cada temporada á última que non ten que ser da tendencia senón do que a ti che vai facer sentirte mellor".

Verino presentou Desde dentro, a nova colección outono-inverno 2026, na Semana da Moda de Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade