Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estampados "animal print" e prendas técnicas ou deportivas, entre as tendencias deste outono

Estampados "animal print" e prendas técnicas ou deportivas, entre as tendencias deste outono

A cor viño, é das que máis se levan en roupa e accesorios

G24.gal 26/10/2026 20:48 Última actualización 26/10/2026 21:43

Na rúa e nos comercios. Tonalidades, tecidos e pezas de roupa dan conta de que estamos en outono.

"Estamos nun momento no que hai moitas tendencias convivindoa o mesmo tempo. Isto é bo porque así cada persoa pode atopar o que máis lle gusta", a xornalista especializada en moda e creadora de contido @donkeycool, Patricia García.

Misceláneas que favorecen a diversidade: "Son unha tendencia que vén agora os zapatos de cuña e logo o abrigo de pelo sempre para outono ou inverno". "Levo todo de negro e un pouco de lila no bolso e o fular de cores".

Con todo, a xornalista e creadora de contido @donkeycool, apunta algunhas pinceladas que marcan a temporada.

"A que se leva moitísimo que é esa cor viño que está en todo: en bolsos, en zapatos; de prendas lévase moito combinar capas, por exemplo, levar unha camisa e poñerle un xersei atado á cintura; tamén se levan moito as prendas que se inspiran nos estampados animais".

Este outono mesmo a roupa técnica e deportiva é tendencia.

"Non só é roupa pensada para ese momento máis deportivo senón que é roupa que se leva no día a día", engade @donkeycool.

Combinacións que permiten todas as opcións posibles.

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade