Cargando resultados...
Evacuado en helicóptero un traballador que caeu desde unha árbore en Vilamartín de Valdeorras
O ferido foi trasladado ata o hospital de referencia tras caer desde unha altura de 10 metros
Imaxe de arquivo
G24.gal
06/09/2026 13:11
Un traballador tivo que ser evacuado en helicóptero tras caer dende unha árbore cunha altura de 10 metros.
O 112 Galicia recibiu o aviso por mor deste accidente uns dez minutos antes das 12:00 horas. Segundo un particular, un traballador caera desde unha árbore cando a estaba a cortar, na Portela, en Vilamartín de Valdeorras.
Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron ata o lugar o helicóptero con base en Ourense.
O ferido foi trasladado ata o hospital de referencia.
No operativo tamén participou a Garda Civil.