Sanidade estuda a orixe dunha posible intoxicación de varios participantes nunha proba a nado en Fisterra
Sanidade estuda a orixe dunha posible intoxicación de varios participantes nunha proba a nado en Fisterra
Os afectados presentaron síntomas leves e de curta duración
Imaxe: Travesía Costa Duacode
A Consellería de Sanidade iniciou un estudo epidemiolóxico para determinar a orixe dun posible episodio de intoxicación rexistrado tras a Travesía Costa Fisterra, celebrada o pasado domingo, cuxos afectados presentaron síntomas leves e de curta duración.
Segundo informaron fontes da Consellería, o estudo atópase actualmente en marcha para tratar de coñecer a orixe do episodio, polo que aínda non se pode concretar o número de persoas afectadas.
Así mesmo, a Consellería sinalou que os centros de saúde da zona non rexistraron un incremento de actividade asistencial por mor deste episodio.
Pola súa banda, o alcalde de Fisterra, Luis Insua, consultado por Europa Press, trasladou que os controis da auga, realizados pola Xunta, deron resultados correctos e que o Concello está en contacto cos organizadores da proba.