Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan unha posible intoxicación no cruceiro Disney tras a escala en Vigo

Investigan unha posible intoxicación no cruceiro Disney tras a escala en Vigo

A denuncia presentouna unha empregada do buque, que acusa unha compañeira de querer intoxicala

A suposta vítima foi atendida nun hospital 

Imaxe do cruceiro Disney Dream en Vigo nunha escala anterior Imaxe do cruceiro Disney Dream en Vigo nunha escala anterior
G24.gal 26/07/2026 12:31

A Garda Civil de Pontevedra abriu unha investigación para esclarecer os feitos arredor dunha denuncia interposta por unha empregada do cruceiro Disney Dream, que indicou que fora intoxicada.

O cruceiro chegou á cidade olívica o pasado venres e foi aí cando, segundo fontes da Garda Civil, a suposta vítima se empezou a atopar mal, polo que foi ao hospital.

Este sábado a muller interpuxo unha denuncia, asegurando que fora intoxicada por outra empregada do barco. Actualmente estase analizando a substancia que inxeriu para determinar que pode pasar.

Ademais, a Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer os feitos.

Chegada a Vigo do cruceiro Disney nunha escala anterior Chegada a Vigo do cruceiro Disney nunha escala anterior
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade