Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xuíza arquiva a causa do home intoxicado por unha botella de auga con sosa

A xuíza arquiva a causa do home intoxicado por unha botella de auga con sosa

Un ano despois de estar ingresado no hospital por beber auga con gas intoxicada con sosa cáustica, Pablo González recibe outro golpe

 A xuíza atribúe o sinistro a un evitable e previsible erro humano e decreta o arquivo da causa, ao non poder identificar o responsable

G24.gal 09/04/2026 14:17

A Pablo González a sentenza caeulle como un xerro de auga fría. A xuíza conclúe que na botella de cristal con auga había sosa cáustica e considera que a orixe da neglixencia estaría no propio restaurante. Atribúe o sinistro a un evitable e previsible erro humano e decreta o arquivo da causa ao non poder identificar o responsable.

Pablo sufriu hai un ano queimaduras severas no estómago e no esófago logo de pedir auga con gas embotellada nun restaurante de Vigo. Estivo 20 días ingresado no hospital e na actualidade ten que someterse a revisións periódicas. 

A maxistrada non apreciou fallos na planta embotelladora nin na distribución. Pola súa banda, Pablo continuará pola vía xudicial para que se reabra a causa e se identifique o responsable. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade