Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 30 quilos de cocaína incautados e cinco detidos nunha redada en Seixalbo

Máis de 30 quilos de cocaína incautados e cinco detidos nunha redada en Seixalbo

Trataríase dunha operación conxunta da Policía Nacional e a Garda Civil, que rexistraron un edificio da rúa Maior

Rúa Maior de Seixalbo, escenario da redada (TVG) Rúa Maior de Seixalbo, escenario da redada (TVG)
G24.gal 10/09/2026 16:41

En Ourense, no barrio de Seixalbo, a Policía Nacional e a Garda Civil interviñeron máis de 30 quilos de cocaína nunha redada que mantén en alerta o barrio. Hai cinco detidos.

Trataríase dunha operación conxunta da Policía Nacional e a Garda Civil que rematou, polo momento, segundo informa o xornal La Región, coa detención de cinco persoas no núcleo ourensán de Seixalbo.

O operativo, integrado por ao redor de trinta axentes, e con efectivos tamén de Aduanas, despregouse ás oito da mañá e centrouse na rúa Maior, no rexistro dun dos edificios no que, ao parecer, reside unha parella nova en réxime de alugueiro desde o pasado mes de abril.

Segundo transcendeu, incautáronse de 32 quilos de cocaína, ocultos nun vehículo manipulado procedente de Zaragoza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade