Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan o cadáver dunha anciá que caera ao río Avia en Ribadavia

Rescatan o cadáver dunha anciá que caera ao río Avia en Ribadavia

Polo momento descoñécense as circunstancias do falecemento

O suceso foi na área recreativa da Veronza

Arquivo Arquivo
G24.gal 28/09/2026 21:01 Última actualización 28/09/2026 21:36

No concello ourensán de Ribadavia, morreu unha anciá. O seu corpo foi atopado no río Avia. Polo momento descoñécense as circunstancias do falecemento.

O 112 Galicia recibiu a primeira chamada contra as 20:00 horas deste luns. Un particular alertaba de que había unha persoa no río Avía á altura da área recreativa da Veronza e indicaba que podía estar falecida.

O 112 mobilizou o 061, os Bombeiros do Carballiño, o GES de Ribadavia ademais da Garda Civil e da Policía Local. Unha vez alí, procederon ao rescate da vítima, sen que nada se puidese facer por salvarlle a vida unha vez foi sacada da auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade