O festival Curtas de Vilagarcía será cualificador para os Premios Fugaz
Curtas Festival do Imaxinario convértese no único certame galego con esta distinción
O festival de Curtas de Vilagarcia é o único a nivel nacional enfocado ao xénero fantástico
Curtas celebrará a súa quincuaxésima cuarta edición do 23 de outubro ao 1 de novembro
O festival Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa acaba de ser nomeado oficialmente festival cualificador dos Premios Fugaz por parte de Cortoespaña.
O Curtas convértese así no único certame galego con esta distinción e no único a nivel nacional enfocado ao xénero fantástico.
Con este acordo, a curtametraxe que resulte gañadora na sección nacional do festival obterá acceso directo a mans da comisión de profesionais dos Fugaz para optar aos nomeamentos en todas as súas categorías, sempre que cumpra coas bases habituais dos galardóns e que non participase anteriormente.
Os Premios Fugaz foron creados en 2017 co obxectivo de dar visibilidade, recoñecer e premiar a excelencia no formato curto dentro do panorama cinematográfico español.
Cualificador tamén dos Premios Goya
O Curtas tamén é festival cualificador dos Premios Goya e membro da Méliès International Festivals Federation.
O festival, que conta co selo de calidade europeo EFFE Label 2026-2027 e o respaldo de diversas institucións, celebrará a súa quincuaxésima cuarta edición do 23 de outubro ao 1 de novembro