Cargando resultados...
O cambio de quincena fai que os turistas que rematan as vacacións se crucen cos que as comezan
O mes de agosto é o elixido maioritariamente para gozar o verán e esta fin de semana nos hoteis nótase máis traballo
G24.gal
16/08/2026 14:42
O ceo cuberto de Viveiro acompaña os turistas que poñen fin ás súas vacacións.
É unha xornada de contrastes porque esta fin de semana tamén chegan os que escollen a última quincena de agosto para descansar.
É o mes escollido por moitas persoas para gozar as súas vacacións. Na Mariña, o verán pasado rexistráronse máis de 81 mil pernoctacións.
O cambio de quincena ten tamén o seu reflexo no tráfico. O importante é chegar ao destino.