Publicador de contidos

Publicador de contidos

De Biscaia a Toén para loitar contra o lume

De Biscaia a Toén para loitar contra o lume

A primeira quenda de bombeiros vascos que vén este ano formarse en Galicia xa está en Toén

A necesidade de prepararse ata a inminencia dos incendios de quinta e sexta xeración fai que os dispositivos de diferentes comunidades intercambien coñecementos 

G24.gal 06/08/2026 14:55

Os mecanismos de autoprotección que inclúen as novas motobombas de Galicia chaman a atención do equipo de bombeiros de Biscaia que comeza hoxe a súa formación en Toén. 

En Euskadi ata agora ardía pouco, pero as condicións do clima comezan a esixir prepararse para os incendios de nova xeración. En Galicia reciben clases teóricas e prácticas, e coñecen a organización do operativo que xa conta con unidades de intervención especializadas en grandes incendios.

"Xa temos varias unidades especializadas para combater estes grande incendios, que precisan unha estrutura de organización máis complexa", explicou José Manuel Botana. axente da UTA. 

Unha das fortalezas que subliñan do noso operativo lógrase grazas a que o persoal de campo participa no deseño do prego para adaptar os medios ás necesidades reais. As novas motobombas, por exemplo, teñen máis altura no chasis, máis retención, máis potencia e máis capacidade de extinción, o que mellora a posibilidade de acceso a zonas complicadas e a seguridade dos operarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade