Publicador de contidos

Publicador de contidos

20 anos do incendio de Cotobade en que morreran dúas mulleres

20 anos do incendio de Cotobade en que morreran dúas mulleres

O lume do 2006 queimou 7.000 das 9.000 hectáreas de monte da comarca

Dúas mulleres, de 75 e 50 anos, nai e filla, falecían cando trataban de fuxir do lume no coche, á altura de Cerdedo

G24.gal 04/08/2026 13:47 Última actualización 04/08/2026 14:18

Hoxe, 4 de agosto, fai 20 anos do incendio forestal de Cotobade, na provincia de Pontevedra, en que morrerran, tras quedar atrapadas no lume cando trataban de escapar do incendio no coche. Eran unha muller de 75 anos e súa filla, de 50.

Foi o peor desastre ecolóxico e humano da historia recente da comarca. 7.000 das 9.000 hectáreas de monte que tiña Cotobade arderon durante nove días seguidos, que converteron o lugar na zona cero dunha vaga de incendios nunca antes vista en Galicia. Nos incendios do 2006,  Pontevedra viu arder o 9 % de todo o chan forestal da provincia.

No incendio de hai 20 anos en Cotobade falecían dúas mulleres. Nai e filla. Tiñan 75 e 50 anos. Circulaban no seu coche pola estrada N-541, á altura do lugar de Pedre, en Cerdedo. O intenso fume non lles deixaba ver nada. O coche acabou caendo por unha gabia. Elas baixaron do vehículo tratando de librarse do lume pero morreron atrapadas polo fume. 

Un home da zona foi o único acusado de causar o lume. Supostamente, comentara que, cun chisqueiro, queimara algo de monte baixo. Houbo un xuízo, pero non atoparon probas nin indicios contra el. Quedou absolto. No monte queimado retiráronse máis de 140 hectáreas de madeira e plantáronse especies frondosas autóctonas. As comunidades de montes crearon unhas cincuenta hectáreas de pasteiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade