Publicador de contidos

Publicador de contidos

A autopsia será clave para aclarar a morte do bebé acabado de nacer en Sada

A autopsia será clave para aclarar a morte do bebé acabado de nacer en Sada

A nai foi atendida no Materno da Coruña por mor dunha hemorraxia tras o parto

G24.gal 06/08/2026 14:48

O informe dos forenses ten a clave para avanzar na investigación dun suceso que ten conmocionada a localidade de Sada. Unha moza de 25 anos ingresou en urxencias do Hospital Maternoinfantil da Coruña por mor dunha forte hemorraxia. 

Os médicos que a atenderon sospeitaron de inmediato dun embarazo, pero a moza negou os feitos. As exploracións determinaron que o útero tiña restos da placenta e do cordón umbilical dun bebé. De inmediato activouse o protocolo correspondente a estes casos con aviso ás forzas de seguridade. Ao domicilio da moza trasladáronse axentes da Garda Civil que inspeccionaron a vivenda e atoparon o bebé sen vida.  

O caso está agora en mans do xulgado de Betanzos que instrúe as dilixencias previas. Os datos da autopsia permitirán coñecer se o bebé naceu morto ou se o falecemento se produciu con posterioridade, un feito que levaría aparelladas consecuencias penais. Fontes próximas ao caso explican que os resultados da autopsia aínda poden tardar varios días en coñecerse.

Mentres, a moza recibiu xa a alta médica e agarda no seu domicilio a decisión xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade