Controlado o incendio de Boborás, que queimou o castro de Xurenzás
O lume calcinou arredor de 19 hectáreas
En Crecente permanece controlado o incendio que obrigou a cortar a circulación de tren entre Vigo e Ourense
Na extinción do incendio de Boborás traballaron sete helicópteros e catro avións
O incendio forestal iniciado o pasado xoves no municipio ourensán de Boborás, parroquia de Xurenzás, quedou controlado pouco despois das 06:00 da madrugada deste venres tras calcinar 19 hectáreas.
Segundo a Consellería do Medio Rural, o lume declarouse ás 12:40 do xoves entre os lugares de Prado e Ventosa, nunha zona de monte, e queimou o castro de Xurenzás.
Nas tarefas de extinción traballaron sete helicópteros e catro avións, entre outros medios. O incendio sitúase
O Ministerio para a Transición Ecolóxica enviou un avión anfibio, dous helicópteros bombardeiros e unha brigada
Á espera dos resultados das investigacións, crese que a a orixe do lume está nos traballos de roza dun tractor.
Controlado o incendio de Crecente
No municipio de Crecente, en Pontevedra, quedou tamén controlado o xoves o incendio de Rebordechán, tras queimar 11 hectáreas.
Este lume obrigou a interromper a circulación do tren entre Vigo e Ourense entre a tarde do mércores e a mañá do xoves por un corte entre Frieira e Filgueira debido á proximidade das lapas.
Adif estableceu un plan alternativo de transporte por estrada para garantir a mobilidade dos pasaxeiros.