Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baiona prohibe o baño nas praias da Ladeira e Santa Marta por contaminación

Baiona prohibe o baño nas praias da Ladeira e Santa Marta por contaminación

O Concello tomou a medida tras os resultados dos controis analíticos realizados no marco do Programa de Vixilancia Sanitaria das Zonas de Baño da Xunta de Galicia

Mentres dure a prohibición, permanecerá izada a bandeira vermella nos dous areais

 

Praia da Ladeira Praia da Ladeira
G24.gal 17/07/2026 18:30

O Concello de Baiona prohibiu temporalmente o baño nas praias da Ladeira e Santa Marta tras recibir os resultados dos controis analíticos realizados no marco do Programa de Vixilancia Sanitaria das Zonas de Baño da Xunta de Galicia.

A medida, adoptada de forma preventiva, manterase ata a realización dun novo control que permita avaliar a evolución da calidade da auga en ambas as zonas de baño.

Durante este período permanecerá izada a bandeira vermella nas dúas praias. A restrición afecta exclusivamente o baño, polo que o resto dos servizos dispoñibles continuarán funcionando con normalidade.

Así mesmo, a concesionaria do servizo de saneamento e o persoal municipal están a levar a cabo as actuacións necesarias para identificar a orixe desta situación e adoptar as medidas oportunas para resolvela no menor prazo posible.

O goberno local informou da situación a Protección Civil, ao servizo de socorrismo e á Policía Local, que colaborarán no seguimento e cumprimento da prohibición temporal. O executivo municipal agradeceu a comprensión de veciños e visitantes e lembrou que esta actuación responde o compromiso de garantir a seguridade e o benestar das persoas usuarias das praias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar