O gasto nas vacacións das familias supera os 1.000 euros de media
No caso de ir á praia, a media sitúase por riba dos 1.500 euros
Un 27 % dos enquisados prefiren non ir de vacacións
Entramos de cheo no verán. Moitos xa foron de vacacións e outros están a piques de iniciar a súa viaxe. E a pregunta é: canto gastamos?
No caso de que queiramos ir á praia, a media sitúase por riba dos 1.500 euros. Iso é o que destina cada familia a sufragar os gastos de aloxamento, transporte, comida ou ocio. Son datos da Organización de Consumidores e Usuarios…
Se preferimos ir á montaña, o custo rolda os 1.000 euros. E se viaxamos ao estranxeiro, esta cifra duplícase, superando os 2.300 euros por familia.
Con todo, a praia segue a ser un dos destinos favoritos. Segundo datos da OCU, máis do 30% dos enquisados prefire esta opción. Séguenlle as saídas ao estranxeiro co 13 %. E por último, a aldea, co 10 %.
Na outra cara da moeda están os que non van de vacacións: un 27 % dos enquisados.
Por agora, a pregunta segue no aire: son as vacacións un luxo ou unha posibilidade ao alcance de todos?