Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan unha muller de 77 anos en parada cardiorrespiratoria nunha praia de Sanxenxo

Rescatan unha muller de 77 anos en parada cardiorrespiratoria nunha praia de Sanxenxo

A muller foi trasladada ao hospital de Montecelo

G24.gal 02/07/2026 19:52

Unha muller de 77 anos tivo que ser rescatada da auga tras sufrir unha parada cardiorrespiratoria nunha praia de Sanxenxo. A muller atopábase á altura das boias cando se empezou a atopar mal. Os socorristas alertaron a unha embarcación do servizo municipal de emerxencias do Grove que estaba máis preto do areal.

Foron eles os que achegaron á vítima á praia. Xa na area, os socorristas practicáronlle as manobras de reanimación ata a chegada da ambulancia medicalizada. Unha vez estabilizada foi trasladada ao hospital Montecelo de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade