Publicador de contidos

Publicador de contidos

Enganchados resolvendo crimes: os Murdokus arrasan este verán

Enganchados resolvendo crimes: os Murdokus arrasan este verán

Os Murdokus: libros dacabalo entre os sudokus e o Cluedo, fenómeno editorial do verán

G24.gal 26/08/2026 21:46

Poder resolver os nosos propios crimes, iso é o que ofrece o novo fenómeno editorial e de lectura: os "Murdokus".

Moitos galegos pasaron o verán resolvendo crimes cos dous volumes xa publicados e que foron un furor nas librerías galegas desde primavera. Os responsables da  librería decana de Vigo, Librouro, xa agardaban o fenómeno que primeiro afectou ao continente americano.

As páxinas da publicación lémbrannos o famoso xogo de mesa Cluedo, pero o xeito de resolución tamén é moi parecido ao dos sudokus. Son fortemente aditivos e supoñen un reto intelectual e valen para manter a mente áxil. Moitos buscan neles tamén un refuxio para fuxir das pantallas.

O terceiro volume xa está publicado nos Estados Unidos. Logo do éxito das dúas primeiras edicións, a previsión é que estea nas librerías antes de Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade