Publicador de contidos

Publicador de contidos

O rural chega ás olimpíadas

O rural chega ás olimpíadas

Friol acolle a terceira edición dun encontro no que o bo humor e a amizade son o premio

G24.gal 27/06/2026 14:28 Última actualización 27/06/2026 15:02

Celébranse esta fin de semana no concello lugués de Friol as Olimpíadas Rurais, un evento no que as carreiras de sacos, os zancos ou a Cesta vai! son algunhas das modalidades nas que participan os vinte equipos que concursan nestas olimpíadas.

"Recuperamos os xogos que xa non xogamos nós e os nosos fillos menos aínda" di unha participante

Cada un destes equipos está formado por unha vintena de xogadores que, cando chegan ao certame, amosan o seu bo humor e a boa disposición que teñen para participar nuns xogos nos que o menos importante é gañar. Aquí o que vale é rirse, compartir e facer amigos.

"Vimos porque é unha festa cun ambiente estupendo entre os equipos. Probas durante todo o día e baile á noite", asegura outro participante

"Viñemos un ano e pasámolo tan ben que fixemos amizades por iso decidimos volver", di outra

Os máis dos xogos baséanse en tradicións do rural galego, como o de levar unha cesta na cabeza asentada sobre unha rodela, unha homenaxe ás nosas avoas, moitas das cales percorrían quilómetros levando así os queixos e os ovos para vender na feira. Tamén se pode participar en xogos como a billarda, ou o lanzamento de coios, tan populares na nenez de quen foi nena ou neno nas aldeas galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade