Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xogar a conducir escavadoras: abre en Vigo o primeiro 'sandbox' de Galicia

Xogar a conducir escavadoras: abre en Vigo o primeiro 'sandbox' de Galicia

Os clientes manexan por control remoto basculantes, niveladoras, escavadores e camións guindastre realizados a escala e con movementos reais 

G24.gal 03/06/2026 21:47

Xogar a sentir un operario de verdade no medio dunha obra é posible en Vigo. O Heavy Duty Café na avenida Alcalde Lavadores pon á disposición dos seus clientes basculantes, niveladoras, escavadores e camións guindastre realizados a escala e con movementos reais desa maquinaria. Móvense por control remoto e podemos facer recheos, cavar, recoller pedra ou montar unha pasarela.

Semella que estamos nunha obra de verdade. Podemos coller pedras co guindastre, facer unha pasarela de madeira ou colocar tubaxes. Se abrimos plano vemos que se trata dunha obra a escala. A maquinaria móvese como a de verdade.

O xogo así nun campo de terra reducido chámase sandbox, e este podería ser un dos primeiros de Galicia en que se pode realizar. Cada media hora custa uns oito euros e está pensando para adultos e adolescentes. Pódese ir en grupo, en parella, ou en solitario.

Entre os primeiros en probar o circuíto, os fillos dun dos propietarios: Tiago e Noah.

O espazo tamén conta cunha zona para paintball en interiores, unha cafetería para os pais e outra zona de xogos de uso libre e acolle aniversarios e eventos de traballo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade