Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos 30 mortos e 22 feridos tras un corremento nun vertedoiro de Guinea-Conakri

Polo menos 30 mortos e 22 feridos tras un corremento nun vertedoiro de Guinea-Conakri

O accidente ocorreu tras unhas fortes choivas durante a noite

Hai sete anos nove persoas morreron noutro corremento neste mesmo vertedoiro

G24.gal 23/08/2026 22:21

Polo menos 30 persoas morreron e 22 quedaron feridas, seis delas graves, tras un corremento ocorrido durante esta fin de semana no maior vertedoiro ao descuberto da capital de Guinea-Conakri, informou o Goberno guineano.

Segundo un comunicado da oficina do primeiro ministro, o accidente ocorreu en Dar es Salaam, no barrio de Gbessia, tras unhas fortes choivas durante a noite.

O corremento de lixo provocou o colapso de varias vivendas situadas xunto ao vertedoiro, onde as autoridades buscan máis persoas sepultadas en coordinación coa Cruz Vermella e o Exército.

Ata o lugar dos feitos trasladouse o primeiro ministro, Amadou Oury Bah, para supervisar a situación e mobilizar todos os recursos necesarios.

Ademais, deulles o pésame ás familias afectadas e pediulle á poboación da zona calma, solidariedade e que respecten as instrucións.

Este mesmo vertedoiro foi protagonista en 2019 doutro corremento que causou a morte de nove persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade