Cargando resultados...
Unha furgoneta queda calcinada na incorporación da A-8 e a A-6 en Baamonde
A condutora e única ocupante non sufriu danos
A orixe do lume puido ser un curtocircuíto na batería situada debaixo do asento do condutor
Imaxe cedida polos Bombeiros de Vilalba
G24.gal
23/08/2026 20:22
Na tarde deste domingo unha furgoneta camperizada quedou calcinada á altura da incorporacióon da A-8 e a A-6, en Baamonde, no concello de Begonte.
A orixe do lume puido ser un curtocircuíto na batería que este tipo de vehículos levan debaixo do asento do condutor.
A súa condutora e única ocupante informou aos Bombeiros de Vilalba arredor das 16:20 horas, logo de sentir moito calor debaixo nas pernas.
O vehículo, unha Mercedes vito 112, quedou nun lado da estrada e non entorpeceu á circulación.
Imaxe cedida polos Bombeiros de Vilalba