Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado o incendio forestal de Padrenda

Controlado o incendio forestal de Padrenda

Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta a unha superficie de ao redor de 20 hectáreas

G24.gal 23/08/2026 22:51

​​​​​​A Xunta deu por controlado este domingo pola noite o incendio que afecta o municipio ourensán de Padrenda, que queimou unhas 20 hectáreas.

Este lume, segundo informa a Consellería do Medio Rural, comezou de madrugada, cara ás 06.40 horas, quedou estabilizado á primeira hora da tarde e pasou a controlado ás 21.53 horas.

Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta a unha superficie de ao redor de 20 hectáreas.

Para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 6 axentes, 21 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade