Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un motorista falece ao colidir contra un turismo en Verín

Un motorista falece ao colidir contra un turismo en Verín

O accidente produciuse arredor das 11:15 horas 

G24.gal 25/08/2026 12:34

Un home faleceu tras sufrir unha colisión coa súa moto contra un vehículo na avenida de Castela, no municipio ourensán de Verín. 

Segundo informa o 112 Galicia, o suceso produciuse ás 11:15 horas do martes e foron varios particulares os que alertaron do accidente. Ademais, avisaron de que o motorista parecía estar baixo o turismo e podía estar atrapado. 

A central de emerxencias movilizou aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galiica do 061, os Bombeiros de Verín e a Garda Civil. 

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos puideron comprobar que o motorista non estaba atrapado, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade