Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor bébedo foxe dun control no Algarve e causa un atropelo con 12 feridos

Un condutor bébedo foxe dun control no Algarve e causa un atropelo con 12 feridos

O suceso produciuse na vila de Albufeira, cando o condutor, baixo os efectos do alcol, iniciou unha fuxida en dirección contraria á marcha

Imaxe: Albufeira em Alerta (@albufeiraemalerta) Imaxe: Albufeira em Alerta (@albufeiraemalerta)
G24.gal 25/08/2026 10:56

Doce persoas quedaron feridas este martes en Portugal, unha delas de gravidade, despois de que un home de 35 anos que ía bébedo intentara fuxir en coche dun control policial no Algarve, informou a Garda Nacional Republicana (GNR) nun comunicado.

A GNR precisou que a detención tivo lugar na localidade de Albufeira e que o home tiña unha taxa de alcol en sangue (TAS) de 1,29 g/l, moi por encima da permitida por lei no país.

Segundo a mesma fonte, o suceso ocorreu á 03:00 hora local, cando un vehículo que se atopaba na vía pública iniciou a marcha e pasou a ir en dirección contraria cando a GNR lle mandou parar.

Ao recibir de novo a orde de deterse, "o sospeitoso avanzou cara aos peóns e o dispositivo policial, atropelando varias persoas".

No proceso bateu con outro automóbil e intentou escapar a pé, momento en que foi detido.

Imaxe: Albufeira em Alerta (@albufeiraemalerta)

Entre os feridos, que "recibiron asistencia médica de inmediato", hai dous efectivos da policía.

O condutor, ao que tamén se lle realizaron exames toxicolóxicos, foi retido polos delitos de ofensa á integridade física, condución baixo o efecto do alcol e condución perigosa.

"A Garda segue investigando, de forma máis detallada, todas as circunstancias desta incidencia", engadiu a GNR. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade