Cargando resultados...
Evacuada ao hospital unha persoa que sacaron inconsciente da auga na praia de Lapamán, en Bueu
Ao lugar acudiron efectivos sanitarios do 061, que interviñeron ao momento, e logo trasladárona ao hospital Montecelo
Arquivo TVG
G24.gal
01/07/2026 09:29
Unha persoa foi evacuada ao hospital despois de ser rescatada da auga, inconsciente, na praia de Lapamán, Bueu, segundo informou o CIAE 112 Galicia.
O incidente ocorreu pouco antes das 19:30 horas deste martes, cando un particular alertou o 112 de que acababan de sacar da auga unha persoa insconsciente, e que se lle estaban practicando manobras de reanimación sobre a area.
Ao lugar acudiron efectivos sanitarios do 061, que interviñeron ao momento, e logo trasladárona ao hospital Montecelo. No operativo tamén colaboraron axentes da Garda Civil.