Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan unha muller de 75 anos desaparecida en Vigo desde este luns

Buscan unha muller de 75 anos desaparecida en Vigo desde este luns

 SOS Desaparecidos emitiu unha alerta para tratar de dar co seu paradoiro

A desaparecida, de nome María, mide 1,60 metros, é de complexión delgada e ten o pelo castaño claro e os ollos marróns

G24.gal 01/07/2026 09:33

A asociación SOS Desaparecidos emitiu unha alerta para informar da desaparición, na cidade de Vigo, dunha muller septuaxenaria, María P. R., da que non se sabe o paradoiro desde o pasado luns.

Así, a muller, de 75 anos, mide 1,60 metros, é de complexión delgada e ten o pelo castaño claro e os ollos marróns. Cando foi vista por última vez vestía pantalón de lunares.

SOS Desaparecidos facilitou como teléfono de contacto o 868 286 726 para achegar información ou calquera dos números das forzas e corpos de seguridade e de Emerxencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade