Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizado o asesor do Concello de Narón desaparecido desde o sábado

Localizado o asesor do Concello de Narón desaparecido desde o sábado

Bruno González Mauriz, de 43 anos, atópase en bo estado de saúde

G24.gal 08/06/2026 11:58

O veciño de Narón (A Coruña) Bruno González Mauriz, de 43 anos, cuxo paradoiro se descoñecía desde a mañá do pasado sábado, foi localizado en bo estado, segundo confirmaron fontes próximas ao operativo de procura.

O achado pon fin a máis de dous días de incerteza para a súa familia, amigos e compañeiros do Concello de Narón, onde o desaparecido exercía como asesor do Goberno municipal e colaboraba activamente con varias entidades do municipio.

De momento non trascenderon as circunstancias da súa localización, tan só se sabe que González Mauriz atópase en bo estado de saúde.

O dispositivo de busca mobilizou desde o sábado a efectivos da Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Narón.

O home, de complexión delgada, estatura media, pelo cano e con lentes, non acudira o sábado a varios dos compromisos que tiña previstos, o que activou de inmediato os protocolos de procura por parte da súa contorna máis próxima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade