Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os comercios perden máis de 760 millóns de euros polos furtos estivais

Os comercios perden máis de 760 millóns de euros polos furtos estivais

Os protectores solares, as bebidas alcólicas e os embutidos ibéricos son algúns dos artigos máis substraídos

G24.gal 26/07/2026 20:39 Última actualización 26/07/2026 21:44

O aumento dos furtos durante o verán ocasiona perdas millonarias no comercio, en concreto de máis de 760 millóns de euros, segundo os datos do Barómetro do Furto na Distribución Comercial. Son o pan de cada días en moitas farmacias.

"Teño cinco denuncias pendentes de presentar na Policía. É verdade que eu teño seguro, pero o que pasa nesta rúa é esaxerado. Cónstame que o resto de compañeiros están igual. De feito temos asiduos ás farmacias que logo venden no mercado negro cremas e produtos de alimentación infantil", explica Iria Reino, titular dunha farmacia na Coruña.

Os ladróns buscan sobre todo produtos para bebés e artigos de alta cosmética, aínda que durante os meses de verán tamén desaparecen das baldas algúns protectores solares. 

"Moitas veces, como hai moita afluencia de xente, non os vemos entrar. Pero logo decatámonos polos erros de stock ou polas cámaras de seguridade", comenta.

En xeral, os furtos nas tendas e nos supermercados aumentan durante o verán, especialmente nas zonas máis turísticas. Bebidas alcólicas, embutidos ibéricos e aceites figuran entre os artigos máis substraídos.

Este ano súmase á lista a camisola da selección española de fútbol. O comercio pide un endurecemento das condenas, actualmente limitadas a multas para os furtos menores.

"Sae moi barato cometer os furtos en España. Terían que endurecer as penas. Non pode ser que che compense economicamente facelo", indica Javier Pastoriza, que preside a asociación Zona Comercial Obelisco

Os furtos estivais representan case o 30% do total anual. A metade dos seus autores son delincuentes multirreincidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade