Publicador de contidos

Publicador de contidos

O festival Ariete reivindica a memoria a través de recreacións históricas

O festival Ariete reivindica a memoria a través de recreacións históricas

Con vehículos e uniformes militares lembraron o desembarco de Normandía no monte coruñés de San Pedro

G24.gal 26/07/2026 21:10 Última actualización 26/07/2026 21:41

Durante unhas horas o Monte de San Pedro da Coruña converteuse no escenario dun episodio decisivo da Segunda Guerra Mundial. Entre vehículos históricos e uniformes de época, o festival Ariete lembrou o desembarco de Normandía e reivindicou a memoria a través da divulgación histórica. 

A asociación The Royal Green Jackets, experta na recreación de episodios bélicos, reuniu os vehículos no monte de San Pedro coa colaboración de afeccionados como Abel Castro, que rescatou e restaurou un Mercedes de 1939. 

Vestido co uniforme dun soldado alemán, representou o papel do chofer do mariscal Erwin Rommel, encargado da defensa da costa francesa fronte ao desembarco aliado.

"É unha forma de rescatar a historia. Aos rapaces gústalles que lles contes cousas e están atentos", di Suso Blanco, caracterizado do mariscal alemán.

El foi un dos máis reclamados para as fotos. Tamén Mark Gutstein, metido na pel do xeneral Montgomery.

"Non é glorificar a guerra. É aprender que a guerra é horrible en todas as facetas. Nunca houbo unha guerra boa", comenta

O festival Ariete tamén lembra o soldado Manuel Otero, natural de Outes e considerado o único galego que perdeu a vida no desembarco de Normandía, combatendo nas filas aliadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade