Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos optan por mercar novos electrodomésticos antes que arranxar os vellos

Os galegos optan por mercar novos electrodomésticos antes que arranxar os vellos

Notan unha baixada na calidade nos últimos anos

Moitas veces as reparacións son máis caras que mercar un novo

G24.gal 09/09/2026 21:21

E algo que todos imos sufrir nalgún momento...as avarías dos electrodomésticos. E chegados a ese punto, ven a dubida: arranxámolos ou mercamos outros...o problema e que pedimos presuposto e chega primeira sorpresa.

"Tiven unha avaría na placa de indución por mor da tormenta. Tróuxena para aquí e vale máis arranxala que mercar unha nova", comenta un usuario

Dende fai xa moitos anos, notan que é máis económico optar polo novo, o que provoca que cada vez duren menos na casa.

"A durabilidade dos aparatos e inferior por mor da calidade. Pero tamén baixaron os prezos. Antes eran de máis calidade pero máis caros. A nivel xeral custan menos", comenta Clara Prado, responsable da Asistencia Técnica Pacio de Lugo

Lembran que antes, todo duraba máis. Pero ollo...agora tamén podemos ter produto duradeiros.

"Para ter unha maquina que dure un pouco tes que ir a unha maquina de 500 euros", comenta tamén Clara

E aí temos que elixir, gastar nun electrodoméstico duradeiro ou ir cambiando os baratos.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade