Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro detidos, un na Coruña, por roubar con violencia creadores de contido audiovisual

Catro detidos, un na Coruña, por roubar con violencia creadores de contido audiovisual

Ocasionaron ás súas vítimas un prexuízo económico de máis de 70.000 euros

Imaxe cedida pola Policía Nacional
G24.gal 25/07/2026 11:29

A Policía Nacional xunto cos Mossos d’Esquadra desarticularon unha organización criminal asentada en Madrid dedicada a cometer roubos con violencia e intimidación a creadores de contido dixital.

Foron detidas catro persoas -tres en Madrid e unha na Coruña, dos que dous ingresaron en prisión- por polo menos catro asaltos en Madrid, Coslada, Badalona e Terrasa, acusadas dos delitos de organización criminal, roubo con violencia e intimidación, detención ilegal, secuestro e lesións.

A investigación iniciouse o pasado ano tras recibir varias denuncias anónimas en Policía Nacional e Mossos d'Esquadra pola comisión de roubos con violencia e intimidación cun mesmo modus operandi.

A rede desarticulada dedicábase a gravar videoclips en inmobles que alugaba e aos que acudían os clientes. Alí había outras dúas persoas que lle esperaban dentro disfrazadas coa cara oculta con pasamontañas, bufandas e mesmo con globos, sendo todo iso a suposta vestimenta para o vídeo.

Posteriormente os membros desta rede exhibían armas de fogo e armas brancas para intimidarlles e amordazarlles coa intención de que lles facilitasen as claves de acceso aos seus teléfonos e á banca en liña. Desta forma chegaron a ocasionar un prexuízo económico de máis de 70.000 euros.

Unha vez que conseguían o botín abandonaban o lugar deixando ás vítimas atadas e advertíndolles de que tras un par de horas poderían saír e recuperar o seu dispositivo, o cal deixarían encima dunha papeleira na vía pública.

Nos rexistros interviñéronse de 13 quilos de haxix, máis de 20.000 euros, indumentaria para ocultar a súa aparencia á hora de cometer os asaltos, 10 teléfonos, un defensa eléctrica e un vehículo utilizado para cometer os feitos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade