Cargando resultados...
Rouban as xoias da Virxe dos Remedios en Marín
Unha parella simulou unha ofrenda á Virxe para roubarlle as xoias
G24.gal
16/09/2026 14:19
A poucos días de que se celebre a procesión da Virxe dos Remedios na parroquia de San Xulián, en Marín, custa esquecer que unha parella entrou hai case un mes no templo e roubou as xoias da Virxe. Un suceso que non acaban de entender no lugar e que lles produce unha enorme pena.
A parella pediulle a unha colaboradora da igrexa se lle podía facer unha ofrenda á VIrxe e aproveitou para roubarlle as xoias. Aconteceu a plena luz do día.
Afortunadamente, unha nova doazón, ben gardada fóra da igrexa, volverá vestir a Virxe de xoias na procesión do domingo. Porén, xa nunca máis estarán expostas ao público.