Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous detidos en Vigo por roubar un bolso de traballo con 1.500 euros e pedir un rescate

Dous detidos en Vigo por roubar un bolso de traballo con 1.500 euros e pedir un rescate

O home sentara nun banco da praza de Portugal e apoiara a mochila no chan

Un dous detidos entrou no cárcere e o outro quedou en liberdade

G24.gal 16/09/2026 13:32

En Vigo, dous homes foron detidos por roubarlle a un home a bolsa de traballo con 1.500 euros e pedir un rescate por ela. As cámaras de seguridade na zona foron determinantes para atopar os ladróns. 

Contra as seis da mañá un home sentaba nun banco da praza da Portugal deixando unha mochila coas súas pertenzas no chan. Nun momento de descoido, quedou sen ela.

"Minutos despois achegáronselle dous homes que estaban preto da zona dicíndolle que se quería recuperar eses maletín lle tiñan que pagar uns cartos. Esa conduta de furto pasou ser outra conduta delituosa, de extorsión. Ese home acompañou os dous varóns e localizaron o maletín e puido recuperalo aínda que parte das súas pertenzas que tiña dentro foron subtraídas", conta Estela Otero, voceira da Policía Nacional na comisaría Vigo-Redondela.

Faltábanlle o ordenador, a carteira, o móbil e 1.500 euros. Foi entón cando os chantaxistas lle pediron máis cartos se quería recuperar o que faltaba. Daquela o home decidiu poñer unha denuncia. As cámaras de seguridade na zona foron clave para identificar cos autores do roubo.

"Posteriormente todos estes datos foron trasladados ao resto das unidades da comisaría e o grupo de seguridade cidadá deron con estes dous varóns procedendo a súa súa detención. Foron postos a disposición xudicial quedando un deles en liberdade e o outro ingresando en prisión", relata a voceira da policía.

Segundo as testemuñas, os supostos autores do roubo poderían ser dúas persoas que foron desaloxadas a principios de setembro da estación de Vialia e agora frecuentan a zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade