Galicia, protagonista mundial no último videoxogo de Nintendo
Milleiros de xogadores de todo o mundo agardan polo lanzamento este xoves do Fire Emblem: Fortune's, exclusivo para a consola Switch 2, que transcorre nas localidades ficticias de Ribeira e Aguiño
A propia Nintendo presenta a Cai nas súas redes sociais como "un mozo de bo corazón orixinario de Ribeira"
Galicia cóase no último videoxogo de Nintendo. Milleiros de xogadores de todo o mundo agardan polo lanzamento este xoves do Fire Emblem: Fortune's, exclusivo para a consola Switch 2, que transcorre nas localidades ficticias de Ribeira e Aguiño.
Nun universo de fantasía medieval, o Imperio Dagdano é unha terra próspera prometida polos deuses. Neste escenario, de combates e torneos lendarios, os creadores do videoxogo de rol sitúan estas localidades galegas.
A historia céntrase en catro heroes, e un deles é galego. A propia Nintendo presenta a Cai nas súas redes sociais como "un mozo de bo corazón orixinario de Ribeira".
"Para nós é un orgullo, unha satisfacción, e ven poñer en valor o que é o noso patrimonio natural", asegura Ana Barreiro, concelleira de Cultura.
Nintendo xa se inspirou máis veces en España. Un dos seus creadores máis emblematico, Shigueru Miyamoto, foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no 2012