A Casa Branca lanza videoxogos que recrean as políticas de Trump
O xogador pode perseguir persoas que intentar cruzar a fronteira ou construír un muro
A Casa Bbanca lanzou este xoves Arcade, unha páxina web que reúne cinco videoxogos de estética retros que recrean algunhas das políticas do presidente Donald Trump e nos que o usuario pode construír un muro fronteirizo ou perseguir a persoas que intentan cruzar a fronteira.
A web, Arcade.gov, inclúe Build the Wall, unha versión inspirada en 'Tetris' na que o xogador debe levantar un muro para "protexer a fronteira da horda que se aproxima", segundo a descrición oficial. Rio Run, baseado na mecánica do tradicional Snake, propón patrullar a fronteira ao longo do río Grande e deter a persoas que intentan cruzar. Estas aparecen contabilizadas como deportadas ao completar a partida.
A política alimentaria tamén ten o seu propio xogo. Os outros dous xogos abordan outras iniciativas do actual Goberno. A Casa Branca presentou a iniciativa nas súas redes sociais con animacións que parodian as pantallas de carga de consolas como PlayStation e Nintendo e co lema Can't stop winning, seguido de referencias a construír o muro ou deportar migrantes. A páxina anuncia ademais un sexto xogo "proximamente".