Publicador de contidos

Publicador de contidos

O presidente do Parlamento vai na lista do PP ao Senado e a conselleira de Política Social de dous de Tellado

O presidente do Parlamento vai na lista do PP ao Senado e a conselleira de Política Social de dous de Tellado

Miguel Santalices, concorrerá por Ourense á Cámara Alta 

Fabiola García será a número dous pola provincia da Coruña ao Congreso dos Deputados

Miguel Santalices. César Arxina/Europa Press (Arquivo) Miguel Santalices. César Arxina/Europa Press (Arquivo)
G24.gal 21/10/2026 18:02

A confección de candidaturas nas que traballa o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, provocarán de novo un impacto significativo na política galega, xa que conlevarán cambios no Goberno que preside Alfonso Rueda e tamén no Parlamento de Galicia.

O PPdeG confirmou que o presidente do Parlamento autonómico, Miguel Santalices, concorrerá por Ourense ao Senado.

Ademais, Fabiola García será a número dous pola provincia da Coruña ao Congreso dos Deputados, nunha lista que encabezará Miguel Tellado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade