O Tour dos 40 anos de Mario Bros chegou a Vilagarcía
Durante esta fin de semana todos os que queiran poden achegarse a xogar, de maneira gratuíta, os seus videoxogos máis icónicos
O evento celébrase nas carpas ubicadas diante do Auditorio Municipal de Vilagarcía desde as seis da tarde
Mario Bros cumpriu 40 anos. Naceu no Xapón e o tempo parece que non pasa por el. Segue a ter millóns de afeccionados en todo o mundo. De aí que mereza un tour, que chegou esta fin de semana a Vilagarcía de Arousa.
"É totalmente gratuíto, só hai que vir, xogar e paslo ben e recomendamos que poidan vir núcleos familiares", di Jesús Mercader, responsable da Xira Nintendo 2026.
"Está pensado para toda a familia, mentres a xente o pase ben para nós é todo un éxito", engade Sergi Martín, speaker do evento.
Este tour conta con outros persoanxes do universo Nintedo. Ofrece minixogos ideais para xogar en grupo ou en solitario.
"Somos afeccionados a Mario, sempre nos gustou o tema de Nintendo, como aos nenos tamén lles comeza a gustar o Mario e como era o 40 aniversario pois dixemos imos pasar un rato entretido pola tarde", di un pai participante.
Tamén serve para introducir a novos afeccionados
"Non teño e nunca xoguei", comenta unha nena.
Mario Bros compite con Mickey Mouse como unha das figuras de ficción máis coñecidas do mundo.
"Son xogos que marcaron a unha infancia moi agradecida para min. Os meus fillos puxeron camisetass de Super Mario", di un afeccionado de Mario Bros desde cativo.
E é desde logo o superfontaneiro máis famoso do mundo, un personaxe de videoxogos que segue a unir xeracións.