Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren tres nenos e unha mestra nun tiroteo nunha escola de primaria en Oregón

Morren tres nenos e unha mestra nun tiroteo nunha escola de primaria en Oregón

O presunto autor do masacre, un mozo de 16 anos, foi abatido por unha persoa da comunidade educativa

Os menores asasinados tiñan 5, 8 e 11 anos

Outro neno de 7 anos e un profesor foron  hospitalizados en estado grave

G24.gal 16/10/2026 06:59

Tres nenos de cinco, oito e once anos e unha mestra morreron este xoves nun tiroteo nunha escola primaria de Bend, no estado de Oregón, onde o presunto autor, un mozo de 16 anos tamén faleceu, segundo confirmou a Policía.

Outros dous membros da comunidade escolar, un neno de sete anos e un profesor, resultaron gravemente feridos e foron trasladados a un centro hospitalario.  O mozo foi abatido por unha persoa da comunidade que o perseguiu dentro do centro e se enfrontou con el.

O presunto asasino é un menor de 16 anos

A Policía recibiu as primeiras chamadas ao servizo de emerxencias arredor da 13:00 da tarde, as 22:00 da noite hora galega. Unha persoa que se atopaba nun vehículo alertou de que alguén estaba a disparar contra el cunha arma longa.

Segundo trascendeu, o ospeitoso, un menor de 16 anos e residente na localidade, entrou na escola disparando contra as portas pechadas con chave. Un membro da comunidade encarouse con el e acabou abatendoo a tiros. Cando chegou a policía ao centro, atoparon as vítimas e o sospeitoso mortos. 

"Haberá tempo para responder a todas as preguntas que nos facemos agora e para buscar máis xeitos de evitar que isto volva suceder", indicou a gobernadora de Oregón, a demócrata Tina Kotek.

Pola súa banda, o superintendente do distrito escolar pediu ás familias que acompañen aos seus fillos: "Por favor, abracen forte aos seus fillos e aos seus seres queridos esta noite".

O distrito anunciou a suspensión das clases e as actividades escolares este venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade