Publicador de contidos

Publicador de contidos

Avanzan os traballos para evitar que a vertedura de Tordoia afecte a captación do Tambre

Avanzan os traballos para evitar que a vertedura de Tordoia afecte a captación do Tambre

Augas de Galicia di que a evolución da vertedura é lenta e confía en contela a tempo

Santiago prepara os seus depósitos por se houbese que suspender a captación 

G24.gal 16/09/2026 14:28

Desde a noite da vertedura traballan contra o reloxo para evitar que o contaminación afecte á captación do río Tambre, da que beben Santiago e O Milladoiro, en Ames.

"Desde conservación fluvial estamos poñendo barreiras de palla para filtrar o máis sólido e unhas pequenas presas para reter toda a auga contaminada, que non vaia río abaixo", explica Roberto Arias, enxeñeiro de Augas de Galicia.

A Xunta mantén o dispositivo de contención nos ríos Bustelo, Paradela e Lengüelle, alcanzados pola vertedura da fosa de xurro, que acumulaba máis dun millón de litros dunha gandería de Tordoia.

"Estamos bombeando a auga contaminada con cisternas grandes, algunhas son dos propios gandeiros e dos propietarios que nos axudan, teñen capacidade para uns 25.000 litros e están retirando continuamente".

Segundo Augas de Galicia as analíticas feitas nas últimas horas indican que a vertedura se diluíu de xeito considerable e o avance cara á captación do Tambre é lento.

"Parece que vai lento, a captación máis grave sería a de Santiago que está a 20 quilómetros. Pero cremos que o estamos facendo ben e esperamos poder conter e retirar a auga e os lodos para que non cheguen río abaixo".

Así e todo, o comité de coordinación do Concello de Santiago cre probable que a contaminación acabe afectando á captación do Tambre nas próximas xornadas. Por se houbese que suspendela, vai manter os depósitos de reserva á máxima capacidade posible e pide a poboación un uso responsable da auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade