Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban unha furgoneta de repartición de pan e piden un rescate

Rouban unha furgoneta de repartición de pan e piden un rescate

Os propietarios do vehículo foron chantaxeados e chegáronlle a pedir 1.000 euros

As chamadas do rescate chegaron logo de que puxeran un anuncio nas redes sociais para intentar localizala

G24.gal 17/09/2026 14:28

Roubáronlles a furgoneta e chantaxeáronos en diferentes chamadas telefónicas. O máis curioso é que probablemente non foron as mesmas persoas. Aconteceulle a unha panadaría de Rianxo mentres facía a repartición en Vigo. Despois do roubo puxeron un anuncio nas redes sociais e varias persoas chamaron pedindo un rescate.

Ante a petición de propbas por parte da panadaría, primeiro fotos e despois que informarann de que cousasa había no interior do vehículo, e a negativa continuada de dárllelas decatáronse de que era unha estadfa e non caeron na trampa. Finalmente este xoves apareceu o vehículo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade