Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan a moza desaperecida en Lugo na zona onde o seu móbil emitiu un último sinal

Buscan a moza desaperecida en Lugo na zona onde o seu móbil emitiu un último sinal

Un grupo de voluntarios centrou os seus esforzos nesa zona boscosa e con vexetación alta 

G24.gal 26/07/2026 20:41

A moza desaparecida en Lugo o pasado día 21 chámase Carmen e ten 24 anos. A súa busca céntrase nunha paraxe onde ata hai uns días recibíase o sinal do seu teléfono móbil. Trátase dunha zona boscosa e con vexetación alta. Non por iso deixan de rastrexar na busca dalgunha pista sobre o seu paradoiro.

Hoxe son grupos de voluntarios os que recorren a periferia de Lugo, pero hai uns días axentes da Policía Nacional xa buscaron polo río e con drons algún indicio que poida dar pistas sobre a desaparición desta moza lucense. 

Na súa parroquia, en Tirimol, hai preocupación sobre o seu paradoiro. 

No entorno do seu centro de traballo e tamén no barrio da Milagrosa onde viron por última vez a Carmen atópanse varios carteis informativos. A asociación SOS Desaparecidos activou unha alerta ante unha desaparición considerada de alta vulnerabilidade. 

A Policía Nacional ten abertas varias liñas de investigación sobre este caso.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade