Topan un cadáver na zona de Redondela onde buscan unha muller desaparecida
O cadáver apareceu no regato da Preira, na parroquia de Santo Estevo de Negros, nun sitio de difícil acceso
Preto do lugar localizaran un pano da veciña de Vigo que está en paradoiro descoñecido dende o 29 de xuño
O regato no que apareceu o cadáver
As forzas de seguridade tentan identificar a persoa que apareceu morta este domingo preto do regato da Preira, na parroquia redondelá de Santo Estevo de Negros.
Un particular alertou o 112 sobre as 13:35 horas e ata a lugar, de difícil acceso, desprazáronse os servizos sanitarios e axentes da Policía Nacional e Local.
O cadáver estaba a un quilómetro escaso do punto no que hai uns días toparon o pano da muller de 75 anos, veciña de Vigo e con principios de alzhéimer, desaparecida o pasado 29 de xuño.
Dende que se lle perdeu a pista, organizábanse batidas por esta zona para tentar dar co seu paradoiro. Arestora, a familia agarda os resultados da autopsia.