Investigados tras fuxir dun control, dar positivo en alcoholemia e sufrir un accidente en Cambre
A Garda Civil identificou un home e unha muller despois de reconstruir os feitos mediante cámaras de videovixilancia
Garda Civil
Un home e unha muller están investigados por varios delitos contra a seguridade viaria tras fuxiren dun control da Garda Civil, daren positivo nas probas de alcoholemia e sufriren un accidente de tráfico en Cambre o pasado mes de abril.
Os axentes audiron ao lugar do sinistro e atoparon o vehículo accidentado sen ocupantes. Nas inmediacións localizaron un home e unha muller, que deron positivo no test de alcoholemia, aínda que ningún deles recoñeceu que conducise o coche.
A Garda Civil abriu unha investigación e, tras analizar as imaxes de cámaras de videovixilancia de estradas, estacións de servizo e outros estabecementos, determinou que o home conducía inicialmente o vehículo e que, durante o percorrido, intercambiou o volante coa muller.
A investigación tamén concluíu que ambos fuxiran previamente dun control policial en Oleiros a gran velocidade e sen atender as indicacións dos axentes.
Además dos delitos contra a seguridade viaria, ao home atribúeselle unha infracción por conducir un turismo cun permiso da clase AM, que só o habilita para levar ciclomotores.