Cargando resultados...
Atopan morta a muller que estaba desaparecida en Santiago desde o xoves
O achado do cadáver foi na zona de Hortas, onde residía a muller de 79 anos
G24.gal
15/06/2026 20:57
A muller de 79 anos que se atopaba desaparecida en Santiago o pasado xoves foi atopada morta na tarde deste luns. Segundo informan fontes da investigación, a muller foi atopada nun "avanzado estado de descomposición".
Aínda que falta por realizarlle as probas de identificación, "todo apunta" a que se trata da desaparecida.O achado produciuse sobre as 15,30 horas desta luns nunha horta de Hortas, zona na que residía esta muller.
A familia puxo denuncia pola desaparición dous días despois de que a muller non volvese a casa, momento no que a Policía Nacional activou un dispositivo de busca.