Cargando resultados...
O cadáver de Monteferro podería pertencer a un home desaparecido hai meses
G24.gal
31/05/2026 12:44
Última actualización 31/05/2026 13:42
As primeiras hipóteses sobre o cadáver atopado este sábado no alto de Monteferro, no concello de Nigrán, apuntan a que podería pertencer a un home desaparecido hai meses, segundo indican fontes próximas á investigación.
Con todo, a autopsia confirmará en última instancia a súa identidade. Os datos forenses tamén serán clave á hora de esclarecer as causas da morte, que pescuda a Garda Civil.
Un grupo de sendeiristas localizaron o corpo, en avanzado estado de descomposición, nunha zona monte de difícil acceso pertencente á parroquia de Nigrán.
Os servizos de emerxencia, coa participación de efectivos do GES do Val Miñor e da Policía Local, encargáronse de efentuar o rescate.