Publicador de contidos

Publicador de contidos

Confinan aos bañistas dunha praia de Valdoviño tras un incendio nunha furgoneta

Confinan aos bañistas dunha praia de Valdoviño tras un incendio nunha furgoneta

As persoas non puideron abandonar o areal ata que remataron os traballos de extinción do vehículo, cuxos ocupantes saíron ilesos  

As lapas só afectaron á furgoneta e a unha pequena zona de monte raso 

Furgoneta calcinada na estrada de acceso á praia dos Botes. TVG Furgoneta calcinada na estrada de acceso á praia dos Botes. TVG
G24.gal 27/07/2026 19:57

Bañistas da praia dos Botes, en Valdoviño, foron confinados na tarde deste luns no areal mentres se procedía á extinción dun incendio orixinado nunha furgoneta aparcada na estrada de acceso á zona.

O rexedor, Alberto González, asegurou que a Policía Local se desprazou ata o lugar para velar pola seguridade das persoas que acudiron á praia pero as lapas, finalmente, afectaron "só a unha zona pequena de monte raso e a unha furgoneta camperizada".

Os ocupantes do vehículo incendiado saíron correndo e resultaron ilesos 

​​​​​​As testemuñas explicaron que o vehículo comezou a arder pouco despois de estacionar e que os seus ocupantes sairon correndo. 

Sobre as oito da tarde, o GES de Mugardos e os Bombeiros de Narón puideron sufocar o incendio.

Alberto González, que acudiu ao areal, detallou que as altas temperaturas da xornada provocaron que houbese nos Botes "moita xente" ás 18:30 horas desta tarde, cando se orixinou o incendio, que quedou controlado case unha hora despois.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade