Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a morte dun home nun monte do concello de Nigrán

Investigan a morte dun home nun monte do concello de Nigrán

Uns sendeiristas localizaron o corpo nunha zona de difícil acceso no alto de Monteferro

Sospeitan que levaba tempo no lugar, porque estaba en avanzado estado de descomposición

G24.gal 30/05/2026 17:40 Última actualización 30/05/2026 21:08

Uns sendeiristas localizaron este sábado pola tarde o corpo sen vida dun home no alto de Monteferro, no concello de Nigrán. Estaba nunha zona de monte de difícil acceso, pertencente á parroquia de Panxón.

As forzas de seguridade traballan para esclarecer as circunstancias da morte, que puido producirse hai días ou semanas. Segundo o GES do Val Miñor, o cadáver topábase nun avanzado estado de descomposición.

Efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal do Val Miñor e axentes da Garda Civil participaron nas tarefas de rescate. Tamén reicibiron aviso os bombeiros do Porriño e de Vigo, a Policía Local de Nigrán e Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade