Polo menos 27 persoas morren no incendio dun bar en Bangkok
O gobernador de Bangkok, informou de que, alén dos 27 mortos, había 18 feridos, dos cales oito estaban "graves"
Na madrugada do luns, rexistrouse un incendio nun bar de Bangkok, onde polo 27 persoas morreron e 18 resultaron feridas, segundo informaron as autoridades tailandesas.
O lume produciuse antes da medianoite, nunha cervexería de Na Padprao, ao norte da capital tailandesa, e arredor das 00:26 horas os servizos de bombeiros lograran controlar o incendio.
O primeiro ministro de Tailandia, Anutin Charnvirakul, acudiu máis tarde á zona para supervisar a situación e informou os medios de que morreran 27 persoas e varios feridos foran trasladados ao hospital.
Pola súa banda, o gobernador de Bangkok, Chachachart Sittiphan, informou os medios desde o lugar dos feitos de que, alén dos 27 mortos, había 18 feridos, dos cales oito estaban "graves".
O gobernador de Bangkok dixo ademais que as autoridades están a inspeccionar o lugar do accidente, especialmente o interior do edificio e a ruta de evacuación, que, segundo unha análise preliminar, estaba obstaculizada por mesas e outros obxectos decorativos.